Friday 17 de May de 2024

A piscina municipal da Escravitude en Padrón inaugura a tempada de verán o mércores 1 de xullo


O aforo reducese ao 75% da capacidade das instalacións, que permanecerán abertas ata principios de setembro

Coa chegada das altas temperturas, a piscina municipal da Escravitude en Padrón volve abrir as súas portas para inaugurar a tempada de verán o mércores 1 de xullo. As instalacións permanecerán abertas ao público ata as primeiras semanas do mes de setembro en horario de 14:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. Se ben, os martes entre as 11:30 e as 13:30 horas a piscina estará reservada para os nenos e nenas de Padrón que sexan usuarios e participen no Campus deportivo estival.
A piscina exterior de Padrón abre ao 75% da súa capacidade, para respetar o protocolo de seguridade e control da pandemia da Covid-19 para este tipo de instalacións e actividades. Dadas as cirscunstancias, co obxectivo de garantir a normativa delimitaranse os espazos no céspede para que se respeten en todo
momento aas distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias. Así mesmo, ademais do socorrista haberá unha persoa responsable de vixiar que se cumpran todas as medidas da nova normalidade, e fixouse unha quenda máis para limpar e desinfectar os vestuarios. O Concelleiro de Deportes sinalou que “a piscina abre con todas as garantías sanitarias necesarias, tras traballar intensamente para dar resposta a todas as necesidades dos usuarios en base a nova normalidade”.
Os bonos ou entradas individuais para acceder á piscina municipal poden adquirirse nas propias instalacións ou na Casa do Concello. Cabe a posibilidade de adquirir bonos de 20 entradas.